10/10/19

O QUE ARDE


      O vindeiro 11 de outubro chega ás salas galegas a longametraxe O que arde do cineasta  galego  (nado en Francia) Óliver Laxe.
   Rodada orixinalmente en galego e proxectada en Francia en versión orixinal con subtítulos, foi recoñecida co prestixioso Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019 e loada pola crítica como obra posuidora dunha beleza e sensibilidade excepcionais. A banda sonora inclúe a canción Suzanne de Leonard Cohen.
      Foi gravada nas montañas de Lugo e Ourense e está protagonizada por actores non profesionais. Conta a historia de  Amador (interpretado por Amador Arias) ao que ninguén agarda cando sae do cárcere despois de cumprir condena por ter provocado un incendio no monte. Regresa á súa  casa, unha aldea perdida nas montañas galegas, onde volverá a convivir coa súa anciá nai  Benedicta (Benedicta Sánchez).  O sosegado ritmo da súa vida a carón da natureza estará ameazado pola presenza do lume.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas