Páxinas

24/01/20

LENDO CIENCIA NA BIBLIOTECA


    Neste mes de xaneiro chegaron á biblioteca novos  fondos relacionados coa divulgación científica: o PLAMBE e as suxestións dos departamentos didácticos relacionados co mundo da ciencia permitíronnos enriquecer as posibilidades de lectura que podemos ofrecer tanto ó alumnado coma ó profesorado. 



    O alumnado, por conta propia ou acompañado por membros do profesorado, pode estes días baixar e mergullarse nestes novos títulos que veñen facer da nosa biblioteca un espazo cada vez máis plural e multidisciplinar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario