16/03/22

CURTISCIENCIA (ll)

 Non queremos deixar de compartir con todos vós como este ano a nosa biblioteca vai recibindo cos brazos abertos a enorme colaboración do profesorado de ciencias: suxerencias de compras, maquetas feitas polo alumnado, instalación dun medidor de Radón e instalación e mantemento dun fermosísimo aquarium na zona de préstamos, que non deixa indiferente a ninguén... Unha vez máis, queda claro que a biblioteca é de todos e para todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas