Páxinas

12/02/25

LENDO PARA CELEBRAR O 14 DE FEBREIRO!

 

A forza do amor, que move o mundo, está detrás de centos e centos de obras literarias e cinematográficas de distintos momentos da Historia. E nos andeis da nosa biblioteca tamén se atopan libros e DVD que esconden historias de amor, unhas veces marabillosas, outras tráxicas, que merece a pena coñecer... Alí vos agardan! 









E para rematar, aquí vos deixamos AS MIL CARAS DE CUPIDO, unha serie de imaxes elaboradas coa ferramenta da IA polo alumnado colaborador da biblioteca: 







11/02/25

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA



    Un ano máis damos visibilidade desde a biblioteca, e grazas á colaboración do profesorado relacionado coa divulgación científica, ao papel fundamental das mulleres nos avances científicos. No corredor podedes ver imaxes, nomes e datos concretos de figuras femininas de todas as épocas que coas súas investigacións traballaron e traballan para que vivamos nun mundo mellor.






06/02/25

COMA SEMPRE, AUTSWITZ NOS NOSOS CORAZÓNS E A PAZ NA NOSA MENTE...

 

Un ano máis vestimos o noso corredor da biblioteca con carteis que falan por sí sós sobre a importancia de coñecer o pasado para sermos axentes dun futuro cada vez mellor. 












03/02/25

DÍA DA ILUSTRACIÓN

      Cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Nesta edición o recoñecemento recaeu no artista Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). É a primeira vez dende que se iniciou esta celebración que un autor é homenaxeado en vida.  Dende o Equipo de Dinamización damos difusión  a esta nova da nosa cultura que afonda na necesidade de valorar e preservar a riqueza dos nosos creadores e creadoras. 

Difundimos o vídeo realizado pola Xunta de Galicia onde se fai un percorrido pola obra do artista mindoniense.


 Máis información neste enlace