
Un libro e CD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) que recolle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez).
Vanakkam Benvidas é un libro que, tal como afirman na introdución, é un tributo; un tributo á poesía, un tributo á muller, un tributo ás voces femininas galegas e támiles.
Unhas voces que rachan cos estereotipos porque son liberadoras, porque nos falan coma se fosemos nós. Porque reinvidican liberdade e igualdade, mesmo soidade.
Coa introdución aprendemos que "o támil comeza a súa andaina literaria hai máis de dous mil anos. (...) a presenza de Andal é do século X, transgresora que rompeu a distancia entre o deus e as mulleres. (...) Os poemas de Kutti Revathi ou de Sukirtharani amosan como souberon arrepoñerse dende o feminismo a unha sociedade que durante séculos atou o seu corpo á honra, ao deber, á castidade ou ao seu valor complementario, a prostitución. Salma desfai a idea da familia e fala do contrato matrimonial..."
Vía Trafegando ronseis
Ningún comentario:
Publicar un comentario