.
.
A nosa biblioteca vestiuse de medo para celebrar o Samaín ou Halloween. Cómpre precisar que nestas datas eran os pobos celtas os que desenvolvían unha serie de actividades para lembrar os defuntos na chegada do inverno. Parte desta tradición foi levada aos Estados Unidos de América polos emigrantes irlandeses e asimilada pola cultura anglosaxoa, é dicir, o Halloween procede do Samaín e non o revés.
Para celebrar esta tradición ambientamos a nosa biblioteca e seleccionamos unha serie de películas e libros de temática misteriosa.
Co motivo das celebracións do Día das Bibliotecas e o Día das Escritoras poñemos en marcha unha nova edición da actividade LIBROS PARA VÓS. Podedes remexer na cesta e escoller a lectura que máis vos guste...
Para celebrar o Día das escritoras e o Día das bibliotecas, o mércores 21 e o xoves 22, organizamos un concurso de busca de información nos paneis que están no corredor e nos andeis da propia biblioteca.
Serás quen de resolver esas catro preguntas que che faremos cada día? Le as bases do concurso e anímate a participar!
Celebramos conxuntamente o Día das escritoras e o Día das bibliotecas cunha exposición de carteis elaborados polo noso alumnado, co que pretendemos dar a coñecer a obra de escritoras de diferentes épocas e nacionalidades.
Con motivo do pasamento do político galego Xosé Manuel Beiras, dende a biblioteca queremos renderlle a nosa particular homenaxe lembrando o seu paso polo IES de Curtis. No ano 2013 tivemos a honra de contar coa súa figura e de asistir a unha interesante conferencia e, mesmo, de entrevistalo. Recuperamos estes documentos que compartimos para recordalo.
Un ano máis ponse en marcha un tempo diario (vinte minutos) dedicado a fomentar o hábito lector, e neste curso, a hora de ler esténdese a todos os niveis da ESO. Para garantir o aproveitamento desta actividade, o equipo de biblioteca elaborou un calendario informativo onde se recolle o horario. Ademais, en colaboración cos distintos departamentos, seleccionouse para levar ás aulas unha serie de materiais variados en canto a dificultade, temática e formato: novela, novela gráfica, revistas, libros divulgativos... Atendeuse asemade á diversidade lingüística e aos distintos intereses do alumnado.