A autora á que está dedicada este ano a festa das letras é Luísa Villalta. Con ela son seis as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas. As anteriores foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021). A necesaria visibilidade do traballo creativo feminino vai paseniñamente ocupando o lugar que merece.
No noso centro contribuímos coa nosa pequena achega a esta celebración colectiva cunha serie de actividades realizadas polo Equipo de Dinamización en colaboración con diferentes departamentos. Velaquí unha pequena mostra das mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario