
Profesorado e alumnos do ciclo de Mecánica, de Tecnoloxía e de Física puxeron diante de nós motores, pezas e aparellos mecánicos, experimentos do máis curioso... Coas súas explicacións, mostráronnos, unha vez máis, que a Ciencia é cousa de todos os días e que se atopa moito máis preto de nós do que imaxinamos.
Finalmente a video-conferencia co CERN, para o alumnado de Bacharelato, fixo posible a presenza -iso si, virtual- dos cientifícos de carne e óso no noso centro.
Noraboa a todos os membros da comunidade educativa que adicaron o seu tempo e o seu traballo a este proxecto tan útil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario