Hoxe venres 16 de novembro presentarase en Komic Librería, en Compostela, a obra Titoán, segunda entrega do proxecto que os autores de O pobre tolo consagraron á vida de Castelao.
A pesar da súa publicación posterior a O pobre tolo, Titoán céntrase nunha etapa cronoloxicamente anterior da vida do autor rianxeiro: a transición da xuventude á madurez, unha vez finalizados os seus estudos de medicina, e a partir da súa relación con Titoán, un veciño de Rianxo.
Titoán foi a obra gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario