A web parece estar a desafiar todo o sentido económico que coñecemos. Se o acceso á maioría dos sitios web é gratuíto, que conseguen a cambio todas as empresas que gastan fortunas nos seus sitios web? Neste novo negocio da información a moeda de cambio, non é tanto o diñeiro físico coma os datos e características do usuario potencial do ámbito web.
Así vemos como a nosa privacidade se dilúe, trafícase con ela, en favor dos intereses económicos das grandes empresas virtuais. Neste documental aproxímannos ao afán dos anunciantes por descubrir o que tecleamos en Google e o que estaría disposto a pagar por influír no resultado do que vemos cando pulsamos 'Buscar'. Non obstante, Google está a dirixirse cara ao desenvolvemento de redes sociais como Facebook que requiren de claves de acceso. Converteranse estas redes invisibles nunha web paralela?
Ningún comentario:
Publicar un comentario