23/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS NO IES DE CURTIS

       
Como xa é tradición no noso instituto a biblioteca conmemora hoxe o seu día. Para iso, habilitáronse unha serie de materiais expositivos relacionados coa historia destes espazos, tan relevantes na historia da humanidade e no día a día da realidade actual. O alumnado pode consultalos dentro do recinto e no taboleiro do corredor de acceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas