Dende a Biblioteca Sarmiento facémonos eco dunha marabillosa nova para a nosa cultura: o escritor Gonzalo Hermo vén de gañar o Premio Nacional de Poesía Nova «Miguel Hernández» coa obra escrita en galego Celebración (Apiario, 2014).
O premio, dotado con 20.000 euros, distingue a mellor obra de poesía publicada en 2014 por un autor español menor de 31 años. O autor celebrou a mirada cara outras linguas do Estado con este recoñecemento e co recentemente outorgado a Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta). O xurado do premio, promovido polo ministerio de Educación, Cultura e Deporte, valorou en Hermo a súa aposta por abrir novos camiños para a expresión poética.
Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987), licenciado en Filoloxía Galega, empregado no Instituto da Lingua Galega e membro do colectivo de intervención sociocultural Redes Escarlata, publicou as súas primeiras obras en revistas como Dorna, Andar 21 ouNova Ólisbos e, posteriormente, a colección de poemas Escola do resentimentona Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe. Logo editou o libro de poemas Crac(2011), co que gañou o premio de poesía do certame Xuventude Crea, e Celebración, que mereceu o Premio da Crítica de Poesía en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario