23/11/17

LECTORES CRÍTICOS, LECTORES RESPECTUOSOS

 
     
Resultado de imaxes para violencia de género ilustraciones creative commors
Dende o Equipo de biblioteca cremos firmemente no poder la lectura para mellorar a realidade na que vivimos e para erradicar a violencia como ferramenta de comunicación: a necesidade de formar lectores críticos que sexan capaces de respectar a diversidade e de apreciala ten que ser un obxectivo primordial dentro do labor educativo do século XXI. 

     E iso é o que nos move e o que nos anima a presentarvos a posibilidade de usar a publicidade -un clásico xa no labor de Curtisbiblio- como ferramenta para sensibilizar ao alumnado na necesidade de valorar e respectar a diversidade de xénero para crear unha sociedade máis xusta e sensible. 


   A maneira de introdución, animámosvos a que vexades este vídeo de Pharma Mundi, onde se presentan de xeito ben curioso as tarefas que na vida desenvolven homes e mulleres: 


   Pois, á vista disto, cómpre ter en conta que as marcas publicitarias teñen moi distintas sensibilidades cara á diversidade de sexo. Comprobádeo vós mesmos lendo críticamente estas mensaxes, onde a presenza de ESTEREOTIPOS DE XÉNERO é pouco menos que incrible: 



https://www.youtube.com/watch?v=GQ3lRMoro_Y  (INVICTUS ,  PACO RABANNE) 


Notades algo diferente respecto a estas que vos ofrecemos agora? 

https://www.youtube.com/watch?v=-rf7khCkhGk  (LE TRÈFLE, PAPEL HIGIÉNICO) 


       Afortunadamente, o  aprecio da diversidade como algo normal e enriquecedor  dentro da sociedade forma parte da ideoloxía dunha parte do mundo publicitario: 




https://www.youtube.com/watch?v=cDsVTJRRL4s   ( VIVAMOS COMO GALEGOS, GADIS, 2017) 


    Empuxemos nesta última dirección: quizais consigamos que no futuro o Día Internacional contra a violencia de Xénero xa non teña razón de ser. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas