A celebración do Día dos Dereitos Humanos deunos a oportunidade de baixar dos andeis da nosa biblioteca unha selección de libros e películas onde se nos ofrecen diferentes visións relacionadas con este tema. Lendo tamén aprendemos a respectar e a comprender mellor o mundo no que vivimos.
Jim Lei Dong recomenda no blog do noso club de lectura o libro A neta do señor Linh de Philippe Claudel.
A lectura desta obra produciume moitos sentimentos
negativos de rexeitamento contra a sociedade que permite a existencia das
guerras e das graves consecuencias que estas provocan. A parte positiva sería,
sen dúbida, a amizade que os dous homes comezan e a esperanza que este feito
implica. Como emigrante que son sentinme
moi identificado coa temática do libro e
co personaxe do señor Linh. É moi duro estar nun país que non é o teu, moitas
veces sentes como a maioría da xente non se comporta adecuadamente contigo. Eu
recomendaría este libro a aquelas persoas que sexan sensibles e que queiran
poñerse no lugar dos que sofren.
Rematamos cunha famosa sentencia do autor latino Publio Terencio Africano que recolle perfectamente a reflexión que queremos transmitir: Humani nihil a me alienum puto (Nada do humano me é alleo).
Recensión completa en Fendetestas
Ningún comentario:
Publicar un comentario