Hoxe, 10 de decembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos coincidindo coa data na que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos no ano 1948.
O seguinte vídeo atopado na rede ofrécenos un interesante achegamento ao tema. Comeza coa a visión que a cidadanía ten do concepto de dereito, explica a súa orixe a través da historia da humanidade e remata lembrando cales son os principais dereitos.
No segundo dos vídeos preséntase unha campaña para celebrar o que será o 70 aniversario deste importante acontecemento no vindeiro 2018. Inclúe unha proposta consistente en realizar unha gravación lendo un ou varios dos 30 artigos que compoñen a Declaración dos Dereitos Humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario