Neste ano 2018 conmemórase o centenario do nacemento de Nelson Mandela e o 50 aniversario do pasamento de Martin Luther King, dúas figuras senlleiras na loita pola igualdade e polas inxustizas sociais. O seu traballo e a sua adicación á mellora da sociedade fíxoos merecedores do Premio Nobel da Paz. Desde a biblioteca invitamos a toda a comunidade educativa a visitar este espazo e aproveitar a pequena exposición na que se recolle información sobre a orixe dos premios arriba mencionados e sobre as figuras de Mandela e Luther King.

Ningún comentario:
Publicar un comentario