O Día da Ilustración foi creado en 2014, tomando como referencia a data do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (30 de xaneiro), dentro do Calendario do Libro e da Lectura que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración.
Nesta
quinta edición o homenaxeado é Camilo Díaz
Baliño (Ferrol, 1889 - Santiago de Compostela, 1936), "pintor,
escenógrafo e pioneiro do deseño galego".
Nado en Ferrol en 1889, cursou estudos de escenografía en Madrid e
na Coruña. Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918, en 1920
estableceuse coa súa familia en Santiago de Compostela, onde compaxinou o
deseño de decorados para representacións teatrais co de libros e o cartelismo.
Alí, o seu taller de traballo na rúa das Hortas foi centro do galeguismo e
núcleo dinamizador da cultura compostelá dos anos vinte e trinta do pasado
século, , creador dun universo visual, influído pola arte relixiosa e o modernismo,
no que reviviu os símbolos e mitos de Galicia procurando unha arte comprometida
ao servizo do nacionalismo progresista no que militou. Foi unha vítima
máis da terrible represión franquista exercida contra os
galeguistas. Foi encarcerado en Santiago e apareceu asasinado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936. O
escritor Manuel Rivas rende na súa novela O lapis do carpinteiro
unha homenaxe á súa figura.
A seguir, dous documentos visuais para achegarse á súa figura e á do seu
fillo, Isaac
Díaz Pardo. artista e referente intelectual esencial para comprender
a nosa historia recente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario