Nos últimos días foron
varios os premios concedidos
a autores e autoras vinculados por razóns
varias ao pequeno universo literario que conforma Curtisbiblio e o Club de
Lectura Fendetestas.
Un dos recoñecementos máis prestixioso das nosas
letras é, sen dúbida, o Premio Xerais. Nas categorías de novela, literatura xuvenil e literatura
infantil galardoou respectivamente
a Emma Pedreira por Besta do seu
sangue, a Carlos Negro por Aplicación instantánea
(Premio Jules Verne) e a Héctor
Cajaraville por Kusuma
de Héctor Cajaraville (Premio Merlín) de Literatura Infantil. Cumprirá
agardar ata o mes de outubro para a
publicación das obras, momento no terá lugar a cerimonia de entrega dos
galardóns.
Poucos días antes do fallo dos
Premios Xerais celebrouse a Gala do Libro Galego onde se premiaron as mellores iniciativas
editoriais do ano 2017. Destacamos a A nena do
abrigo de astracán de Xabier
P. Docampo que recibiu o galardón á
mellor obra de narrativa e Os nenos da varíola (un éxito total no noso club de lectura) de María Solar escollido como mellor libro
xuvenil. Mención especial merece a poeta de Fisteus, Lupe Gómez, que recolleu o
premio ao mellor libro de poesía pola súa obra Camuflaxe.
Dende Curtisbiblio e do Club de
Lectura Fendetestas queremos felicitar eses autores e
autoras que consideramos, dalgunha maneira, un pouco nosos. Moitos deles formaron
parte das nosas propostas de lecturas ou
mantiveron interesantes encontros literarios co alumnado.
Grazas a todos e a todas e moitos parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario