Hoxe,
24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca. Este curso, o lema
proposto por Bibliotecas
Escolares para dar a coñecer as múltiples opcións de acceso ao
coñecemento que podemos atopar nunha biblioteca é o seguinte: Poéticas
diversas na biblioteca escolar.
Un
fermoso cartel ilustrado por Nuria Díaz convídanos "a asolagar as aulas de poesía, a
tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa
imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación
poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego
poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e
todos os poetas que foron e son".
O
equipo de Curtisbiblio recolle a suxestiva proposta de "poetización". Tentaremos, a través das actividades da nosa biblioteca, darlle forma e concretala ao longo do curso. No Día da Biblioteca
ofrecemos un pequeno adianto a través das palabras dun dos nosos poetas de
referencia, Carlos Negro: “ A poesía é libre ou non é nada”.
ResponderEliminar
happy valentines day 2019
ResponderEliminar