Arrinca un ano máis a andadura de Curtisbiblio, a biblioteca do IES de Curtis, que abre as súas portas para que a comunidade educativa se poida beneficiar deste espazo e dos seus recursos.
E esta vez, botamos a andar dobremente contentos. Detrás da nosa satisfacción está a ampliación dos andeis centrais, feita neste verán, que resolve o problema da falta de espazo e que permitiu a reorganización de fondos e da distribución do mobiliario.
A este feito engádese outro que nos anima a seguir traballando con empeño e ilusión: a través do PLAMBE conseguimos unha partida ecónómica para ampliar fondos e para renovar o equipamento, neste caso, informático, asignadas grazas ó labor de creación de aprendizaxes que desde este espazo se vén facendo nos últimos anos.
E aquí estamos traballando, coma sempre: con novas forzas e con novas ideas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario