Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Ao mesmo tempo andamos a preparar o boletín de recomendacións lectoras para o Nadal. Buscando entre as novidades incorporadas aos andeis da nosa biblioteca, atopamos un fermoso libro que nos serve para amosar ao mundo como as mulleres galegas foron innovadoras en variados campos. Ademais, a obra destaca tanto polo seu singular contido como polas súas marabillosas ilustracións. O libro en cuestión é Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anair Rodríguez (autora) e Nuria Díaz (ilustradora).
Doce mulleres galegas reais que abriron novos horizontes e
foron pioneiras en profesións reservadas
tradicionalmente aos homes: correspondente de guerra,
directora de xornal, navegante, doutora.... No libro podemos atopar tamén a historia
de Isabel Zendal, a primeira enfermeira
en misión internacional que levou a América a
vacina da varíola. A súa xesta aparece
novelada na obra de María Solar titulada
Os nenos da varíola. Outras biografías
especialmente conmovedoras son as de Elisa e Marcela, a primeira parella homosexual que conseguiu casar en España. A
súa historia está a punto de chegar ao cinema da man da recoñecida e galardoada directora Isabel Coixet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario