22/04/21

POESÍA, POESÍA E... MÁIS POESÍA

   Nesta edición da Semana Cultural do IES de Curtis tivemos  a sorte de contar con marabillosos escritores e escritoras que nos achegaron unha vez máis  á importancia da palabra como elemento esencial de comunicación e de interacción. 

   O luns Arancha Nogueira desenvolveu un obradoiro de creación  poética co  alumnado de 2º de ESO tomando como base un poema de Rosalía.

      O martes recibimos a visita de  Lucía Aldao e María Lado que nos agasallaron cun recital  musicado de poemas do seu libro Ninguén morreu de ler poesía. 



     O mércores foi a quenda de Carlos Negro, quen visitou a nosa biblioteca de xeito virtual conducíndonos da man das súas obras polo universo da poesía máis achegada á nosa realidade cotíá.











Moitas grazas a todos e todas por compartir con nós a vosa paixón pola poesía!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas