25/05/21

OLIMPÍZATE!

 

    Como sabedes, a pandemia obrigou a aprazar os Xogos Olímpicos de Tokio, programados para o pasado 2020: se o virus non o impide novamente o vindeiro mes de xullo dará, por fin, comenzo esa edición que non poido celebrarse o pasado verán. 

    Desde a biblioteca, como xa é tradición, impulsamos, cando hai competicións olímpicas, a difusión de información arredor deste feito, elaborada por alumnado (e tamén ex-alumnos) do instituto e polo equipo da biblioteca. O traballo realizado recóllese nunha exposición que estará na semana vindeira no corredor da biblioteca e tamén neste blog, a través dos enlaces que se publicarán estes días e que permite acceder á información dixitalizada.

    Ademais,  o luns, martes e mércores da semana que vén, desenvolverase na biblioteca o concurso OLIMPÍZATE, destinado a premiar os mellores e máis rápidos investigadores de ESO e de 1º de Bac. Aquí vos deixamos as bases: podedes apuntarvos ao longo de toda esta semana


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas