24/10/21

NON ESQUEZAMOS O VALOR DAS NOSAS BIBLIOTECAS

 

    

    O 24 de outubro vénse celebrando, desde o ano 1997, o Dia das Bibliotecas. Trátase dunha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e as administracións autonómicas.


    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021:


    "A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."

    As nosas bibliotecas escolares son, sen dúbida, unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa que día a día ofrece recursos, información e apoio.Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.


NON ESQUEZAMOS NUNCA O SEU VALOR NOS CENTROS

 EDUCATIVOS 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas