14/10/22

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS... QUEN SE ATREVE A CONCURSAR?

 

         Un curso máis, adicamos tempos e espazos a subliñar a importancia das mans femininas no mundo da literatura galega, castelá e universal. Hoxe, venres,  o taboleiro situado no corredor da biblioteca apareceu cuberto de nomes de escritoras de distintas épocas e nacionalidades. Desde o vindeiro luns, 17 (Día das Escritoras), calquera membro do profesorado pode baixar velo co alumnado e pedirlles que elixan unha autora, investiguen sobre ela e conten aos seus compañeiros os resultados das súas pescudas... 

   Tamén ao longo da semana vindeira funcionará, durante os recreos, un concurso sobre mulleres escritoras de todos os tempos. As preguntas de cada día publicaranse neste blog e aparecerán ademais impresas dentro e fóra da biblioteca. Aquí vos deixamos as instrucións: animámosvos a participar porque os tres concursantes que aporten o maior número de respostas correctas entregadas en menos tempo ó final da semana, obterán premio seguro... e saboroso!!!! Aí volo deixamos...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas