01/12/22

CENTENARIO DE JOSÉ SARAMAGO

 

    O dezaseis de novembro celebrouse o centenario do nacemento de José Saramago (1922-2010), escritor portugués que recibiu o Premio  Nobel de Literatura no ano 1988.

    Curtisbiblio quere sumarse a este recoñecemento e homenaxe á figura deste autor a través dunha pequena exposición que nos achega á lingua e á cultura portuguesa realizada polo alumnado de 1º da ESO de Portugués.





     Velaquí  unha curtometraxe da animación baseada no seu libro A maior flor do mundo.  Unha pequena mostra do seu legado literario a través dunha reflexión sobre a infancia e o sentido da vida en forma de poesía visual. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas