01/05/23

SEMANA CULTURAL: PORTAS ABERTAS Á INFORMACIÓN

    Nesta semana abrimos as portas do IES a unha morea de actividades promovidas polos distintos departamentos que viñeron modificar a dinámica cotiá do ensino: charlas, obradoiros, concursos, competicións deportivas... encheron de novidade o discorrer dos días nos diferentes cursos, etapas e modalidades educativas. 





Desde o equipo de biblioteca foron dúas as actividades que se promoveron para a etapa de ESO: o concurso de cultura xeral A ver se o sabes... e o obradoiro de publicidade E ti sabes ler... publicidade? destinado a fornecer ao alumnado de ferramentas para a lectura crítica das mensaxes publicitarias. Nos dous casos houbo unha boa participación por parte do alumnado. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas