02/10/24

NOVAMENTE ABRINDO PORTAS!

 

        




    Un ano máis abrimos as portas deste espazo do centro onde atoparedes un lugar para a investigación, a información, a lectura informal, o xogo formativo e a interacción con outros membros da comunidade educativa do IES de Curtis. Aquí vos agardamos durante os recreos e tamén nas horas nas que o profesorado teña a ben usar este espazo con vós: lembrade que o equipo de biblioteca esta aquí para axudarvos a sacar todo o partido posible da biblioteca (prestamos e devolvemos libros, tomamos nota das vosas suxestións de compra, facémosvos recomendacións lectoras nos boletíns, organizamos exposicións e concursos e colaboramos co club de lectura Fendetestas...).

Benvidos un curso máis!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas