Dentro da Semana Cultural do noso IES (do 24 ao 28 de marzo) e destinadas a diferentes etapas e cursos, o equipo de biblioteca xunto con Miguel Meana, profesor de Educación Física do noso IES, deseñou e desenvolveu unha serie de actividades interdisciplinares orientadas conxuntamente á alimentación saudable e o uso do pensamento e da lectura crítica.
A primeira desas propostas deseñouse para 2º de ESO e levouse adiante durante os días 25 e 28: consistiu nun concurso en soporte audiovisual sobre coñecementos relacionados coa alimentación, axeitados ao nivel do alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario