11/03/26

MULLERES (8 M)

 

    Coma cada ano, desde a biblioteca poñemos o noso gran de area para evidenciar  os avances que nas últimas decadas deron as mulleres na sociedade: a igualdade plena está cada vez máis cerca e cada día que pasa é máis necesaria. 

    O noso corredor está cuberto de imaxes de científicas, escritoras, periodistas, matemáticas, profesoras, matemáticas, pintoras, ilustradoras, astronautas, actrices, deportistas, directoras de cine, activistas sociais, políticas... que nos mostran o impagable papel da muller para que o mundo en que vivimos sexa cada día que pasa mellor. 



    Deixamos aquí, tamén, para todo o profesorado que queira acceder a materiais para traballar desde as aulas todo o que conleva o espírito do 8M os seguintes enlaces: 

PROPOSTAS DIDÁCTICAS DESDE STEG

UN POUCO DE TODO: CINE, INVENTOS, PREMIOS NOBEL...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas