07/04/26

ENCONTRO LITERARIO CON ANTÍA YÁÑEZ

      Dentro das actividades da Semana Cultural do IES de Curtis puidemos contar coa presenza da escritora Antía Yáñez que nos falou dos seus libros Senlleiras e O clan das barbies.  O encontro, organizado polo Club de Lectura en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura, desenvolveuse na biblioteca. A autora falounos das súas obras poñéndoas en relación co tema das desigualdades aínda existentes na sociedade actual. Acompañou a súa exposición dunha presentación con recortes de prensa da época na que se ambienta Senlleiras e tamén da actualidade. Nestas noticias evidenciábanse os estereotipos presentes en casos de violencia de xénero. 

Moitas grazas Antía pola túa amabilidade e por compartir connosco tan interesantes reflexións!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas