24/04/26

Revolución dos cravos

Durante o mes de abril, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBACH estiveron preparando unha exposición para conmemorar o 52 aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa, que puxo fin a 48 anos de ditadura, a máis longa de Europa.

Cada grupo centrouse nunha disciplina artística concreta. Eis os resultados:

  • Filmes do 25 de Abril, por Antía Gómez e Iria Roade.

  • Poesia do 25 de Abril, por Gonzalo Espiñeira e Miguel González.
  • Música do 25 de Abril, por Carme Roel e Alba Sánchez.
  • Artes plásticas do 25 de Abril, por Lucía Oliver e Juliana Díaz.


                                                                            25 de Abril sempre! Fascismo nunca máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas