29/05/26

AQUAMANÍA: O PODER DA APRENDIZAXE INTERDISCIPLINAR

     A presenza dun acuario na nosa biblioteca non só concita a diario a curiosidade do noso alumnado, senón que está dando tamén un importante rendemento didáctico. A participación do noso IES en Voz Natura trouxo consigo a elaboración dun proxecto arredor deste pequeno ecosistema, asentado sobre a colaboración interdisciplinar dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Informática e Debuxo.



    Partindo da idea de que un acuario non é sen máis un recipiente con auga e peixes, senón un hábitat complexo no que interactúan organismos vivos e factores físico-químicos, o proxecto Aquamanía nace co obxectivo de recrear o equilibrio entre estes dous factores dentro dun entorno educativo.

 

    O alumnado pode así observar directamente procesos naturais coma a fotosíntese, o ciclo do nitróxeno ou as relacións tróficas. Un dos materiais elaborados dentro desta proposta didáctica é un rechamante e  motivador xogo de mesa educativo que vén reforzar os contidos aprendidos de xeito dinámico e participativo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas