20/05/26

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

      A celebración do Día das Letras no IES de Curtis consistiu nunha actividade centrada na escritora e xornalista Begoña Caamaño. Acompañamos esta homenaxe dedicada á autora de Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle coa proxección de varios vídeos de música galega como a canción do grupo Malvela en colaboración coa cantante Uxía que leva por título "Begoñísima"  e coa de "Matriarcas" de Guadi Galego. A nosa achega a esta celebración veu da man da  actuación musical das pandereiteiras de 2º ESO que nos deleitaron coas súas magníficas interpretacións. 

 


 

A actividade complementouse coa exposición de libros en galego realizada en Curtisbiblio e coa mostra sobre as orixes da escritura  a cargo do Equipo de Dinamización Lingüística.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas