30/10/26

CHEGOU O SAMAÍN

       A  nosa biblioteca vestiuse de medo para celebrar o Samaín ou Halloween. Cómpre precisar que nestas datas eran os pobos celtas os que desenvolvían unha serie de actividades para lembrar os defuntos na chegada do inverno. Parte desta tradición foi levada aos Estados Unidos de América polos emigrantes irlandeses e asimilada pola cultura anglosaxoa, é dicir, o Halloween procede do Samaín e non o revés. 

    Para celebrar esta tradición ambientamos a nosa biblioteca e seleccionamos unha serie de películas e libros de temática misteriosa.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas