



  
A última cita desta novena edición do  'Correlingua' tivo lugar  na cidade da Coruña onde  5.500 escolares fixeron un percorrido reivindicativo que partiu da Torre de  Hércules e recorreu lugares tan emblemáticos da cidade como a Praza de María  Pita. Foron os Xardíns de Méndez Núñez onde concluíu a festa e onde estudantes  de Laracha leron o manifesto que reclama unha maior atención e respecto cara o  galego no ámbito escolar.
Unha significativa representación do alumnado dos diferentes niveis educativos  do noso IES acudiu o pasado venres a esta actividade, en apoio ao uso do galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario