28/05/25

ASÍ FOI A NOSA FOLIADA DO DÍA DAS LETRAS

 


LER BEN PARA COMER MELLOR: MATERIAIS DIDÁCTICOS ELABORADOS

 

    Ao longo deste curso 2024-25, púxose en marcha e desenvolveuse, dentro do marco das actividades de biblioteca, o proxecto interdisciplinar LER BEN PARA COMER MELLOR. Na súa elaboración, a través dun seminario permanente, participaron doce membros do profesorado, a través de materias tan diversas como: Linguas (castelá, galega e inglesa), música, educación física,  matemáticas e  bioloxía. 

    O obxectivo fundamental era conseguir que o alumnado comese mellor despois de perfeccionar saberes e destrezas moi variadas e relacionadas coas anteriores materias e cos seus currículos. Para conseguilo, ademais dalgunhas charlas sobre temas moi concretos,  elaboráronse materiais diversos, moitos deles empregados xa co alumnado de ESO (2º, 3º e 4º curso) e de 1º de bacharelato,  durante a Semana Cultural do IES e tamén no terceiro trimestre. Velaquí a súa listaxe:

- TEXTO E ACTIVIDADES SOBRE O PLATO DE HARVARD.

- ACTIVIDADE COMBINADA SOBRE PAUTAS DE LECTURA CRÍTICA DE ANUNCIOS, DE ETIQUETAS E CAMPAÑAS DE VENTA RELACIONADAS CON ALIMENTOS. PÉCHASE CUNHA SESIÓN SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E GASTO ENERXÉTICO. 


- TEXTO E ACTIVIDADES SOBRE BULOS ALIMENTARIOS.

- REFLEXIONANDO SOBRE A ALIMENTACIÓN A TRAVÉS DO CINE: DELICIEUX. 

- ELABORACIÓN DUN RECEITARIO  E DUNHA  INFOGRAFÍA SOBRE ALIMENTOS SAUDABLES. 

- DESEÑO DUN XOGO INTERACTIVO NA PLATAFORMA EDUCAPLAY: A VER SE O SABES... (A ALIMENTACIÓN)


Queremos compartir todos estes recursos con aquela xente que os considere útiles para mellorar os hábitos alimentarios, a saúde, en xeral e, como non, a competencia comprensiva e expresiva do alumnado, piares básicos para que no futuro sexan adultos sans, reflexivos  e críticos. 


LER BEN PARA COMER MELLOR. RECURSOS ELABORADOS


17/05/25

A NOSA HOMENAXE ÁS CANTAREIRAS

      O venres 16 de maio no IES de Curtis celebramos a festa das nosas letras. Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que mantiveron vivo a tradición da nosa cultura e, por extensión da nosa lingua. Elas foron e son o elo que une tradición e modernidade e proba da vixencia do seu legado témolo na actividade organizada polo alumnado. Integrantes das asociacións Faragulla de Teixeiro, A Maristela de Sobrado e  Brincadeira de Santiago uniron as súas voces e pandeiretas para contribuír ao merecido recoñecemento colectivo  proposto pola Real Academia Galega.

 


Moitas grazas a todos e todas os que colaborastes na actividade!

09/05/25

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS E ETS


Compartimos con vós este rigoroso traballo de investigación e divulgación levado a cabo polo alumnado de 1º de bacharelato baixo a dirección da profesora Ana Acosta.  

 


MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS E ETS



25/04/25

FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

 

Neste 23 de abril, como xa é costume, na biblioteca encargámonos de recordarlles aos nosos usuarios a importancia de ler e todas as oportunidades que lles ofrece este espazo aos lectores máis diversos.


 Algúns dos nosos axudantes, neste caso tres alumnos de 1º de ESO (Elia, Mario e Marcos), cóntannos con que vos podedes atopar estes días ao entrar na biblioteca: 



03/04/25

LER BEN PARA COMER MELLOR (III)

 

A terceira das actividades, dentro desta proposta de alimentación saudable e lectura reflexiva e crítica,  estivo destinada a 3º de ESO e realizouse no patio cuberto. Consistiu na lectura e posta en práctica dun interesantísimo receitario relacionado coa vida sa. A través do enlace inferior pódese acceder ao mesmo. 

Coma nas actividades reseñadas nas dúas entradas anteriores, o proxecto foi deseñado e desenvolto por profesorado do centro relacionado coa biblioteca. Antes do remate do curso, aparecerán todos os materiais creados e usados nestas actividades nunha nova entrada: Ler ben para comer mellor (IV). 




RECEITARIO (XXXI SEMANA CULTURAL IES DE CURTIS)

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas