O venres 16 de maio no IES de Curtis celebramos a festa das nosas letras. Unha homenaxe a todas aquelas mulleres que mantiveron vivo a tradición da nosa cultura e, por extensión da nosa lingua. Elas foron e son o elo que une tradición e modernidade e proba da vixencia do seu legado témolo na actividade organizada polo alumnado. Integrantes das asociacións Faragulla de Teixeiro, A Maristela de Sobrado e Brincadeira de Santiago uniron as súas voces e pandeiretas para contribuír ao merecido recoñecemento colectivo proposto pola Real Academia Galega.
Moitas grazas a todos e todas os que colaborastes na actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario