28/05/25

LER BEN PARA COMER MELLOR: MATERIAIS DIDÁCTICOS ELABORADOS

 

    Ao longo deste curso 2024-25, púxose en marcha e desenvolveuse, dentro do marco das actividades de biblioteca, o proxecto interdisciplinar LER BEN PARA COMER MELLOR. Na súa elaboración, a través dun seminario permanente, participaron doce membros do profesorado, a través de materias tan diversas como: Linguas (castelá, galega e inglesa), música, educación física,  matemáticas e  bioloxía. 

    O obxectivo fundamental era conseguir que o alumnado comese mellor despois de perfeccionar saberes e destrezas moi variadas e relacionadas coas anteriores materias e cos seus currículos. Para conseguilo, ademais dalgunhas charlas sobre temas moi concretos,  elaboráronse materiais diversos, moitos deles empregados xa co alumnado de ESO (2º, 3º e 4º curso) e de 1º de bacharelato,  durante a Semana Cultural do IES e tamén no terceiro trimestre. Velaquí a súa listaxe:

- TEXTO E ACTIVIDADES SOBRE O PLATO DE HARVARD.

- ACTIVIDADE COMBINADA SOBRE PAUTAS DE LECTURA CRÍTICA DE ANUNCIOS, DE ETIQUETAS E CAMPAÑAS DE VENTA RELACIONADAS CON ALIMENTOS. PÉCHASE CUNHA SESIÓN SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E GASTO ENERXÉTICO. 


- TEXTO E ACTIVIDADES SOBRE BULOS ALIMENTARIOS.

- REFLEXIONANDO SOBRE A ALIMENTACIÓN A TRAVÉS DO CINE: DELICIEUX. 

- ELABORACIÓN DUN RECEITARIO  E DUNHA  INFOGRAFÍA SOBRE ALIMENTOS SAUDABLES. 

- DESEÑO DUN XOGO INTERACTIVO NA PLATAFORMA EDUCAPLAY: A VER SE O SABES... (A ALIMENTACIÓN)


Queremos compartir todos estes recursos con aquela xente que os considere útiles para mellorar os hábitos alimentarios, a saúde, en xeral e, como non, a competencia comprensiva e expresiva do alumnado, piares básicos para que no futuro sexan adultos sans, reflexivos  e críticos. 


LER BEN PARA COMER MELLOR. RECURSOS ELABORADOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas