Hoxe, Día das Bibliotecas, colocamos no corredor da entrada do noso IES unha exposición impulsada polos profesores do Equipo de Biblioteca e feita por varios alumnos do centro: nela recóllese información sobre o léxico relacionado con estes espazos e tamén se fala sobre as mellores bibliotecas do mundo; nos paneis infórmase, ademais, sobre as orixes da escritura e sobre as bibliotecas máis antigas. Todo iso salpicado de poemas e citas relacionadas coa importancia dos libros ó longo da historia da humanidade.
Agardamos que o noso traballo e o dos demais compañeiros participantes resulte de proveito para todos aqueles que se sintan atraídos por estes espazos máxicos que son as bibliotecas.
Alumnado de 4º C ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario