Ixión prometeulle a Deyoneo un valioso agasallo, se este lle permitía casar coa súa filla Día, pero ste enon cumpriu a súa promesa. Entón, Deyoneo quedou coas eguas de Ixión.
Ixión pareceu non molestarse e invitou ao seu sogro a un banquete. Cando Deyoneo chegou, Ixión tirouno a un pozo cheo de carbón ardendo. Todos se arrepiaron, xa que violara a sagrada lei da hospitalidade.
Zeus foi o único que se apiadou del e invitouno a un banquete cos deuses. Durante o banquete, Ixión intentou seducir a Hera. Zeus formou unha nube coa apariencia da deusa, coa que se uniu Ixión. Informado Zeus, conformouse con desterralo, porque pensou que beber néctar o fixera tolear. Pero cando viu que Ixión presumía de seducir a Hera, decidiu matalo cun raio e castigalo a xirar eternamente atado a unha roda no Tártaro.
Déborah dos Santos, 1º bacharelato-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario