Segundo a mitoloxía, aqueles mortais que por exceso de orgullo (hybris) ofendían aos deuses, eran enviados ao Tártaro (lugar do inframundo destinado aos criminais), onde sufrían un castigo eterno.
Así pasoulle a Tántalo, fillo de Zeus, que era invitado habitualmente aos banquetes dos deuses e reveláballes aos mortais os segredos que alí escoitaba.
Nunha ocasión, rouboulles néctar e ambrosía, polo que os deuses se enfadaron. Tántalo para disculparse organizou un banquete, e cando viu que non había suficiente comida, decidiu matar ao seu fillo Pélope, cociñouno e ofreceullo aos deuses. Estes advertidos non tocaron a comida, agás Deméter aínda apenada pola perda da súa filla Perséfone.

Tántalo ao morrer sufriu un suplicio eterno consistente en estar mergullado nunha lagoa coa auga ata o colo e con árbores cheas de froitos sobre a cabeza, pero sen poder beber nin comer.
Rocío Espiñeira, 1º bacharelato-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario