Léxico da morte
Cadáver: é o corpo dun ser vivo morto. De cadāver, -eris, en relación co verbo cadere, 'caer' (“caído”, “morto”). Descomponse nos termos: caro data e vermibus. O significado sería “carne dada aos vermes”. Defunto: procede de defunctus, do verbo defungor “cumprir, pagar unha débeda, acabar con”.
Incinerar: acción de queimar algo ata reducilo a cinzas. Do latín in + cinus “cinza”.
Inhumar: acción ou acto de enterrar un cadáver. Do latín in + humus “terra”.
Sepelio: acción ou cerimonia de inhumar ou enterrar o corpo dunha persoa falecida. Do verbo sepelire “enterrar”.
Exequias: de exequiae que significa “honras fúnebres”, do verbo exsequor que significa seguir ao enterramento.
Funeral: do latín funus,-eris “cerimonia fúnebre”, “cortexo fúnebre”.
Columbario: do latín columbarium “conxunto de pequenos nichos nos cemiterios dos antigos romanos, onde colocaban as urnas coas cinzas dos defuntos”. Ten relación con termo latino columba “pomba” e con columbarium “palomar” pola similitude entre os palomares e os nichos funerarios.
Osario: nun cemiterio lugar onde se enterran os ósos que se sacan das lápidas. Do latín os,ossis “óso”, máis o sufixo -arius “lugar”.
Lápida: do latín lapis,-idis “pedra”. Pedra gravada xeralmente en mármore que serve para marcar onde se atopa unha sepultura.
HELENISMOSTumba: do grego: τύμβος “túmulo”. É unha edificación con forma de cámara destinada a depositar os defuntos.
Necrópole: é un cemiterio ou lugar destinado aos enterramentos. Etimoloxicamente significa cidade dos mortos, de νέκρος “morto, cadáver” e πόλις, “cidade”.
Sarcófago: é un recipiente, xeralmente tallado en pedra, destinado a conter un cadáver. De σάρξ, σαρκός “carne” máis φαγεîν “comer”, que se traduciría como «o que devora carne».
Pompa: de πομπή , “procesión, desfile solemne”.
Epitafio: de ἐπί “sobre” máis ταφός “tumba”. É o texto en verso, que inscrito nunha lápida ou placa, honra ao defunto,
Cemiterio: do termo κοιμητήριον "dormitorio", derivado de κοιμάω “acostarse”. Segundo o cristianismo, os corpos “durmen” ata o día da resurrección. Antía Merelas e Antón Sánchez, 1º bacharelato-B
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario