As inscricións funerarias están dedicadas aos defuntos. Normalmente están formadas polos seguintes elementos:
1. Unha invocación aos deuses Manes D (Dis) M (Manibus) S (Sacrum), que significa consagrado aos deuses Manes (espíritos dos mortos).
2. O nome do defunto en caso nominativo ou dativo.
3. A idade na que finou é indicada normalmente por AN (annorum), tamén por A ou ANN e logo o número.
4. As seguintes fórmulas: H (Hic) S (Situs/a) E (Est) “aquí está enterrado/a” e S (Sit) T (Tibi) T (Terra) L (Levis) “que a terra che sexa leve”.
5. O nome da persoa ou persoas que pagan ou mandan facer a inscrición e ás veces a súa relación co finado.
6. Un verbo indicando a realización da inscrición. Poden aparecer os seguintes: F (Fecit / Fecerunt:fixo / fixeron), F(Faciendum) C (Curavit / Curaverunt: encargouse / encargáronse de facela) ou P (Posuit / Posuerunt: colocou / colocaron).
Abreviaturas:
D.M.: Dis Manibus
Nome propio: Caio Calpurnio Clibertilo
HIC SITUS EST: aquí está enterrado
VIX(it) ANN(os) XXI: viviu 21 anos
Déborah Dos Santos, Rocío Espiñeira e Sara Corral, 1º bacharelato-B
Déborah Dos Santos, Rocío Espiñeira e Sara Corral, 1º bacharelato-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario