Os Manes son os espíritos dos mortos, que, por atribuírlles os romanos poderes maléficos, hai que telos a ben. O seu nome significa “os bos”. Os romanos aplacábanos cuns bos fuñerais, e, sobre todo, con flores.
Parecidos, pero menos pacíficos, son os Lemures que podían facer dano e atormentar aos vivos. Para arredalos do fogar, o pater familias na festividade chamada Lemuria realizaba un ritual á medianoite dos días 9, 11 e 13 de maio, a esa hora, erguíase, lavaba as mans en sinal de purificación, metía nove fabas negras na boca e, descalzo, ía paseando pola casa cuspíndoas unha a unha, para que servisen de alimento aos Lemures e pronunciaba unhas palabras rituais. Ó final, volvía lavar as mans sen mirar para atrás, tocaba un pratiño e pronunciaba outra vez as oracións .
Aínda más terroríficos son as Larvas, espectros, pantasmas ou esqueletes dos que pasaron una vida amargada e que agora se veñen vingar dos que os fixeron sufrir na vida. Para defenderse deles recorrían a meigos que subministraban beberaxes aos enfermos.
Brenda Pérez Rodríguez, 4ºESO-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario