09/11/14

Festas nas que se recordaba aos defuntos

No mes de febreiro, mes adicado ós ritos de purificación, chamado Februarius en Roma, último mes do primitivo ano romano, realizábanse festas funerarias, nas que se honraba ós mortos. As principais festas eran as seguintes:

Festa das Luces ou das antorchas: celebrada o 1 de febreiro. Durante toda a noite anterior, as mulleres acompañan a Ceres con teas acesas na busca da súa filla Proserpina, raptada por Plutón e levada por el ó mundo dos mortos.

As Parentais ou Parentalia: celebradas entre o 13 e o 21 de febreiro en honor ós defuntos dunha familia e, ás veces, dun país. Nesta ocasión reuníanse os parentes e amigos dos defuntos, visitaban as tumbas e realizaban sacrificios sobre elas. Tamén facían ofrendas de leite, fariña, mel e viño ós deuses Manes (as almas dos defuntos) e celebraban festíns. O primeiro día de festa, unha virxe Vestal realizaba a apertura dos ritos públicos, o resto da festa era  doméstica e familiar.  Durante a celebración destas festas pechábanse os templos, non se celebraban vodas, nin se facían negocios.

A Feralia, celebrábanse  o 21 de febreiro e pechaban as Parentalia. Críase que ese día as almas dos mortos podían voar libremente entre os vivos.

Festa das Caristias ou dos mortos da familia celebrada o 22 de febreiro. Nestas festas lévanse alimentos ós familiares mortos para a súa viaxe ó máis alá.
 

                                                                                         Lidia Sánchez Taboada   4 ESO-B












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas