O mundo dos mortos, o mundo subterráneo, estaba rexido polo deus Hades ou Plutón. Hades era tamén o nome do mundos dos mortos. Este mundo estaba separado do mundo dos vivos pola lagoa Estixia.
Baixo a lingua os romanos colocábanlle aos mortos unha moeda de prata. Tratábase da ofrenda que una vez sepultados os defuntos terán que pagar a Caronte, o barqueiro da lagoa Estixia, que transporta á outra beira as almas dos mortos.
Na outra beira, os mortos atopábanse co can Cerbero (can do mundo subterráne, un monstro de tres cabezas e cola longa de serpe), que está ó coidado da porta de entrada ao mundo dos mortos.
Nesta longa viaxe polo mundo dos mortos, as almas dos romanos atopábanse con 3 xuíces: Minos, Radamantis e Eaco. Eles pregúntanlles pola súa vida. Tras contárllela, untábanas con auga do río Leteo, un dos cinco ríos que discurrían polo inframundo. O fluído purificábaas e permitíalles esquecer o que viviran na Terra. Segundo o que fixeran durante a súa existencia terrenal, as almas eran enviadas a distintas zonas do mundo dos mortos:
- Campos Elíseos, se foran xustos e piadosos.
- Chaira de Asfódelo, se forann cidadáns exemplares.
- Tártaro, se foran criminais. Alí debían pagar unha penitencia se se atrevesen a ofender aos deuses e serían castigadas ata que súa débeda quedase cumprida.
Noelia López Sánchez, 4º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario