Na sociedade romana había moitas desigualdades, que do mesmo modo se poñen de manifesto nos ritos funerarios. O ritual variaba moito segundo a clase social á que pertencera o finado. Ós escravos enterrábanos nun foxo común ou, se os crucificaban, deixábanos como alimento para os voitres. Para o resto da xente había dous tipos de trato:
Columbario |
1. A incineración (do latín "in"que signica "en" e "cinus" que significa "cinza"). Metían ao defunto nunha pira para que ardera ata que o corpo quedara convertido en cinzas, que despois eran metidas nunha urna.
2. A inhumación (do latín "in"que signica "en" e"humus" que significa terra), que era o enterramento.
Os pobres tiñan unha cerimonia menos grandiosa que os ricos. Os incinerados levábanse ós columbarios, auténticos pombais, onde cada cuadrícula recibía unha urna cineraria, e os inhumados eran levados ás catacumbas, que eran corredores subterráneos, que nas paredes tiñan excavados uns nichos. Nalgún momento utilizáronse como refuxio de cristiáns perseguidos, pero esta non eran a súa función primitiva, senón a de cemiterio.
As familias ricas tiñan funerais solemnes con festexos que podían durar ata nove días. Fóra da cidade queimaban os cadáveres entre perfumes e flores, recollían as cinzas, metíanas en urnas e colocánanas en grandes sepulcros e mausoleos, semellantes a templos, nos que poñían lápidas conmemorativas.
Desde o século II a.C. a cerimonia da inhumación fíxose maís frecuente que a da incineración por influencia do cristianismo, que garantizaba a integridade do corpo no máis alá.
Pero a pesar das diferencias sociais, a cerimonia para despedir ó difunto era similar incluíndo varios rituais. O cadáver poñíase no chan e o familiar máis próximo recollía cun bico o seu último suspiro e cerráballe os ollos. Despois tiña lugar a conclamatio, que consistía en que os asistentes chamaban polo seu nome ó defunto ata tres veces para asegurarse de que estaba morto. A continuación, o corpo era velado durante oito días. Lavábano con auga, botábanlle substancias aromáticas e vestíano coas roupas propias, segundo a súa posición social, e colocábano nun leito mortuorio para expoñelo no atrio da casa cos pés en dirección á entrada principal. Ós ricos poñíanlles unha moeda baixo a lingua para pagar a Caronte, barqueiro do Hades (mundo subterráneo), o paso do mundo dos vivos ó dos mortos. Esa misma noite, ían da casa do defunto á necrópole, lugar onde os mortos, ou eran queimados ou enterrados. As necrópoles estaban situadas nos arredores das cidades. Se na súa vida foran homes de importancia, a ceremonia pasaba polo foro e detíñase nel, se non, ían directamente á necrópole, onde cerraban a procesión dicindo unhas palabras ou feitos sobre a vida dos defuntos.
Os romanos mostraban a súa dor durante varios días, colocando unha rama de ciprés na porta da casa familiar e celebrando ós nove días un banquete, onde se sacrificaba un animal en honor do defunto. O loito familiar duraba uns dez meses durante os cales non podían nin celebrar festas, nin utilizar adornos.
Noelia Couceiro Souto, 4ºESO-B
Ningún comentario:
Publicar un comentario