Este ano ao habitual Concurso de Peperetadas vén de sumarse un de Videorreceitas co que o ENDL de Curtis te convida a celebrar o Entroido. Participa!
A alta cociña chegou a Curtis. Se queres que o teu bo facer culinario sexa proxectado no patio cuberto e reciba un premio, pon o mandil, elabora a túa mellor receita de Entroido, grávaa co móbil e preséntaa no seminario de galego ou na secretaría do centro antes do 13 de febreiro.
BASES
1. O concurso está aberto a toda a Comunidade Educativa: alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente.
2. Poderase concursar de xeito individual ou en grupo e o número de receitas que se poden presentar a concurso é ilimitado.
3. Os vídeos deben ser orixinais, gravados na máxima resolución e calidade posible e cunha duración máxima de 4 minutos.
4. Os formatos aceptados son AVI e MP4.
5. Valorarase:
- O bo humor dos participantes
- A calidade do vídeo
- A claridade da explicación
- O bo humor dos participantes
- A calidade do vídeo
- A claridade da explicación
6. Se houber un número de participantes axeitado, as receitas proxectaranse no patio cuberto durante a celebración do Entroido.
7. Haberá un único premio. O cociñeiro ou cociñeira que resulte vencedor será agasallado cun lote de utensilios de cociña e o bocata, con consumición, durante quince días na cafetería do centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario