O
pasado sábado, 3 de xuño, nun acto
celebrado na illa de San Simón deronse a coñecer os gañadores dos premios
Xerais na edición do 2017.
A arte de trobar de Santiago Lopo foi a elixida entre as
42 obras presentadas a concurso para recibir o Premio Xerais de Novela. A narración, que está ambientada no século XIII, ten como protagonistas a unha troupe de artistas procedentes de Galicia que percorre os
camiños dunha Europa inmersa en duras loitas de poder.
María Canosa con Muriel e Manuel Lourenzo con Ceiba
de luz recibiron, respectivamente, o
Merlín de Literatura infantil e o Jules Verne de Literatura xuvenil.
Máis información sobre o acto de
entrega e sobre os autores e as súas obras no blog de Xerais. Parabéns aos galardoados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario